Thursday 19 de September de 2024

O Plan de Mobilidade do Centro Dramático Galego convida de novo ao público de Ribeira a ir a Santiago ao teatro.


No marco do 40 aniversario do CDG volve ao Salón Teatro de Santiago o espectáculo “Terceiro acto”.
Unha fonda reflexión sobre o esplendor vital que emana moitas veces do que poderiamos dar en chamar “o terceiro acto dunha vida” está presente no 40 aniversario do CDG. En escena e fóra dela quedan as lembranzas e reflexións sobre días pasados e tamén sobre o seu legado. Neste momento no que a historia corre a una velocidade endiañada, detémonos para escoitar atentamente, nunha especie de soño poético, a quen van diante de nós, a quen gardan a nosa memoria.

A conversa é o motivo central da obra. Compartir a experiencia, a sabedoría, a memoria da man dos actores e actrices. Unha longa e profunda conversa cos profesionais que dedicaron e dedican a súa vida á arte da interpretación é o cerne desta produción. O texto nacido da experiencia mesma.
“Terceiro acto”. CDG
Prezo da entrada e o autobús: 5 € por persoa
Data: 5 de outubro, sábado
Hora de saída desde Ribeira: 16.00 h
Lugar da representación: Salón Teatro de Santiago
Reservas:
Tel.: 981835650 (de luns a venres de 9 a 14 h)

Deja un comentario